Sunday, November 10, 2024

Domingo de sol

     Mañá de domingo de outono. Solazo.

Quedar tranquilo na casa lendo ou escrevendo ou saír a camiñar ao sol.

Quedar en Barcelona ou volver a Galicia.

Comer san ou coma unha prea o que me veña de gusto (expresión catalá. Todo se pega)

Ler ou escrever.

Escoitar música estimulante ou relaxante.

Ir ao Manifesta15 tal como me propuxo o meu amigo ou limpa-la casa. 

Ás veces costa decirdirse. e iso que non son decisións de vida ou morte.